Esquerda Unida denuncia neste 1 de Maio o mantemento da precariedade e o aumento de sinistralidade laboral en Galicia

Eva Solla: “Celebramos este Primeiro de Maio reivindicando melloras para a clase traballadora despois de vivir uns comicios Xerais onde non nos cansamos de dicir que a única saída é a derrogación das dúas reformas laborais”.
Publicado por o día 01/05/2019 na sección de Esquerda Unida,Galicia,Política,Vigo

Esquerda Unida denuncia neste 1 de Maio o mantemento da precariedade e o aumento de sinistralidade laboral en Galicia

Esquerda Unida sae ás rúas neste 1 de Maio, a data máis significativa para a clase traballadora do noso país, para demandar máis dereitos que melloren o traballo e a calidade de vida da clase traballadora. “Hoxe celebramos este Primeiro de Maio, nun ano máis, reivindicando melloras para a clase traballadora despois de vivir uns Comicios Xerais onde non nos cansamos de dicir que a única saída é a derrogación das dúas reformas laborais que implican a precariedade laboral no noso país”, sinala a coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, que participa xunto ao secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, na mobilización de Vigo.

 

Neste senso, Eva Solla sinala que “temos unha precariedade laboral que incide, ademais, no incremento dos accidentes laborais e dos falecementos nos postos de traballo. O pasado ano foron 50 as persoas que pereceron en Galicia traballando, o que é froito de ter peores condicións laborais. Ademais, temos un paro que supera a media do Estado. Esta situación, sumada á non recuperación do emprego público que implica unha elevada taxa de precariedade laboral, fai que as e os traballadores deste país non poden levar a cabo unha vida digna”.

 

Pola súa banda, Rubén Pérez destacou tamén a situación política herdada deste 28A e destacou a importancia, ao igual que dende Unidas Podemos e dos espazos de confluencia, de ter “un goberno progresista de esquerdas amplo e plural, con presenza das reivindicacións das organizacións sindicais. Non nos vale un PSOE que goberne só e que siga ás ordes do Ibex 35 e a presión do poder bancario”, sentenciou.

 

Por todo isto, dende Esquerda Unida sinalamos que o 1 de Maio é un símbolo da loita sindical do noso país e o único camiño para reivindicar a loita da clase traballadora en aras a ter unha vida e un traballo digno.

Comentar noticia

Your email address will not be published.