Esquerda Unida denuncia o desvío de recursos públicos cara a sanidade privada na comarca de Vigo

Publicado por o día 25/10/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida denuncia o desvío de recursos públicos cara a sanidade privada na comarca de Vigo

Para Esquerda Unida os orzamentos da Xunta para o ano 2015 son a constatación do abandono da Sanidade Pública na Área de Vigo. Neles, a atención primaria volta sufrir un novo recorte (1% menos) que ven a sumarse aos de anos anteriores mentres na especializada o escaso incremento vai directamente adicado a sufragar os concertos privados.

Así o orzamento adicado aos concertos privados sube máis dun 3%, mostra inequívoca da aposta da Consellería polo negocio das empresas. Ao que hai que sumar o inicio do pago do canon pola construcción e xestión do novo hospital público-privado de Vigo (PFI).

Son os centros públicos os que pola outra banda seguen a sufrir o desleixo da Consellería. As reparacións e reformas no Hospital do Meixoeiro, quedarán retrasadas, segundo os orzamentos, xa que o 80% do importe adicado a estas obras postérgase para os anos 2016 e 2017, adicando 1,8 millóns en 2015, só un 20% do total estimado que se precisaría para as obras.