Esquerda Unida denuncia que a nova orde de selección de directores constitúe un ataque frontal á democracia dos centros educativos

Publicado por o día 01/04/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

O Grupo Parlamentar de AGE presenta no Parmamento Galego unha Proposición de Lei pedindo a retirada do borrador

A Área de Educación da Comarca de Vigo manifestou hoxe o seu total rexeitamento ao borrador da orde pola que se regula a selección e nomeamento dos directores dos centros docentes públicos.

De aprobarse o sistema de elección contido no borrador eliminaríase totalmente a capacidade de elección da comunidade escolar do centro sobre a dirección do mesmo, ao escoller directamente a xefatura territorial catro dos sete membros da comisión de selección. A norma vulneraría un dos principios básicos da constitución recollido no artigo 27 da mesma “os profesores, os pais e, no seu caso o alumnado, interiván no control e xestión de todos os centros sostidos con fondos públicos”.

Para EU esta norma suporía unha grávísima involución democrática fronte á orde vixente (do ano 2013) na que a comisión de selección estaba formada por por un inspector nomeado pola xefatura territorial, tres docentes e tres membros do do consello escolar.

Con tal motivo, o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda presentou no Parlamento Galego, o pasado luns 24 de marzo, unha Proposición Non de Lei instando ao Goberno Galego a retirar o proxecto de Orde contido no borrador.

Para EU o proxecto de orde presentado polo titular da Consellería de Educación é un exemplo máis do carácter antidemocrático e retrógrado da política educativa do PP tanto na Xunta de Galicia coma no conxunto do estado, e que ten como máxima expresión a LOMCE de ministro Wert.

ÁREA DE EDUCACIÓN DE EU DA COMRARCA DE VIGO