Esquerda Unida elixe ás persoas candidatas para as vindeiras Eleccións Xerais do 28A nas súas convencións provinciais

Por o 17/03/2019 | Sección: Esquerda Unida,Política
Esquerda Unida elixe ás persoas candidatas para as vindeiras Eleccións Xerais do 28A nas súas convencións provinciais

Esquerda Unida vén de celebrar de forma simultánea as súas catro conferencias provinciais nas que se elixiron as persoas candidatas para as vindeiras Eleccións Xerais do 28 de abril.

Os resultados foron os seguintes:

A Coruña: Lista encabezada por Loreto Taibo Rama, de segundo Luís Víctor Ruíz.

Lugo: Encabeza Vanesa Somoza Dominguez seguida de Héctor Ortega Sánchez.

Ourense: Encabeza Isabel Peña-Rey seguida de José Antonio Villar Blanco.

Pontevedra: Encabezada por Yolanda Díaz seguida de Juan José Rodriguez.

 

O acordo político estableceuse nun marco propio para Galicia, en colaboración con Izquierda Unida Federal. Esta proposta de coalición foi avalada por máis do 80% a favor da consulta interna ás nosas militantes e simpatizantes no Referendo sobre as Eleccións Xerais do 28A, que tivo lugar este pasado xoves e venres.

A pesar das dificultades, condicionadas pola limitación do marco temporal, Esquerda Unida afronta en positivo e con forza este proceso de Eleccións Xerais convencida de que a presenza da confluencia da esquerda rupturista no Congreso e no Senado, a través de En Común Unidas Podemos, é a única arma para combater nas institucións as políticas que atacan aos dereitos da clase traballadora.

Comentar noticia

Your email address will not be published.