Esquerda Unida esixe o cese inmediato de Felix Rubial e Carolina Gómez, imputados polos casos da hepatite C

Esquerda Unida esixe o cese inmediato dos altos cargos do SERGAS ante a imputación por homicidio imprudente tras a negativa de suministrar fármacos a pacientes afectados pola Hepatite C.
Publicado por o día 23/12/2016 na sección de Esquerda Unida,Política,Sanidad,Vigo

Esquerda Unida esixe o cese inmediato de Felix Rubial e Carolina Gómez, imputados polos casos da hepatite C

A audiencia provincial da Coruña vén de ditaminar que os dous cargos do Servicio Galego de Saúde encausados pola dilación nos tratamentos da Hepatite C deben ser imputados polos delitos de homicidio imprudente.

Dende Esquerda Unida esiximos o cese inmediato do que foi o Director Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS, Felix Rubial, e actual xerente do hospital de Vigo e de Carolina Gómez-Criado, Subdirectora Xeral de Farmacia. “Dende o primeiro momento vimos denunciando que o retraso na proporción dos tratamentos da Hepatite C podían causar perxuízos enormes para as persoas que estaban pendentes deles, destas pesoas algunhas deslas atopábanse nun estadío F3 e F4 da enfermidade ” afirma Eva Solla, deputada de En Marea no parlamento galego.


Ao longo destes anos,  “a responsabilidade tanto dende a Xunta de Galicia e neste caso dende o grupo parlamentario do Partido Popular qeu votou innumerables veces en contra de suministrar estes tratamentos ás persoas enfermas de Hepatite C, levou ao empeoramento da propia enfermidade e a nalgún caso ao presunto homicidio imprudente que vén agora de imputar a Audiencia tanto ao actual xerente do hospital de Vigo, Felix Ruibal como a Carolina Gómez-Criado” manifestou a deputada.

Dende Esquerda Unida consideramos que tanto as persoas que denunciaron esta situación, os integrantes da plataforma da Hepatite C, coma todas as que apoiamos as súas reclamacións, tiñan razón e este auto da Audiencia da Coruña así o expresa: “os recortes matan” e deixan as persoas sen dereitos.

Por todo isto, dende Esquerda Unida esiximos o cese inmediato de Felix Ruibal e Carolina Gómez Criado, e continuaremos espectantes á resolución xudicial por parte da audienica e agardamos que se faga xustiza para cos pacientes e coas familias das persoas que pardeceron as consecuencias destas políticas de exterminio.