Esquerda Unida fai un chamamento á participación e súmase á mobilización das Marchas da Dignidade este sábado

A columna chamada Solidariedade, na que se integra a columna galega das Marchas da Dignidade, sairá de Novos Ministerios ás 15 horas e percorrerá a zona norte de Madrid.
Publicado por o día 26/05/2017 na sección de Esquerda Unida,Política,Vigo

Esquerda Unida fai un chamamento á participación e súmase á mobilización das Marchas da Dignidade este sábado

Esquerda Unida fai un chamamento á participación e súmase á manifestación convocada polas Marchas da Dignidade, que terá lugar en Madrid. Dende Esquerda Unida denunciamos a degradación calculada dos dereitos sociais, a demolición progresiva dos servizos públicos, que seguen a ser atacados como consecuencia da reforma do artigo 135 da Constitución, e os recortes do goberno galego e central debuxan un preocupante perfil de pobreza, precariedade e vulnerabilidade en todo o Estado.

Dende Esquerda Unida cremos que saír á rúa a manifestarnos contra os recortes de dereitos que vimos sufrindo dende fai anos é fundamental. Ademais, o emprego que se está a crear na actualidade é precario, e as traballadoras e traballadores teñen que soportar unhas condicións laborais míseras cuns salarios ínfimos, especialmente para as mulleres.

Dende Esquerda Unida reiteramos que esta situación de pobreza que afecta á maioría social pode reverterse e que, dende as rúas, podemos facer destas loitas unha ferramenta para mudar a realidade do país. É por iso que chamamos á participación activa na mobilización das Marchas da Dignidade a prol da recuperación dos nosos dereitos máis fundamentais.

Catro columnas percorrerán Madrid ata xuntarse en Gran Vía

Entre 180 e 200 autobuses virán este sábado desde o Estado. Dende Galicia sairán 5 buses, un dende Ferrol directo a Madrid e catro dende A Coruña/Compostela, Pontevedra, O Morrazo e Vigo, que chegarán ata Ourense, onde se poderá coller o tren ata Madrid (Chamartín).

A columna chamada Solidariedade, na que se integra a columna galega das Marchas da Dignidade, sairá de Novos Ministerios ás 15 horas e percorrerá o norte de Madrid. Dita columna, na que participa Esquerda Unida, pasará pola Porta do Sol, onde sumaranse tamén as columnas de Pensionistas e da Memoria Histórica. O Bloque Combativo, integrado polos sindicatos, sairá ás 16 horas desde a Porta de Alcalá, uníndose ao resto de manifestantes.

Por último, todas as columnas confluiremos en torno ás 17 horas na Praza de Neptuno para iniciar o percorrido da manifestación, que rematará no final da Gran Vía, cara as 19:30 horas, onde estará o escenario e celebraremos o acto de peche.