Esquerda Unida fai un chamado a Podemos e Anova para traballar conxuntamente cara unha alternativa política de cara ás Eleccións Autonómicas de 2020

Publicado por o día 11/12/2019 na sección de Esquerda Unida,Galicia,Política

Esquerda Unida fai un chamado a Podemos e Anova para traballar conxuntamente cara unha alternativa política de cara ás Eleccións Autonómicas de 2020

A dirección executiva nacional de Esquerda Unida vén de aprobar unha resolución na que chama a combater dende a unidade as políticas destrutivas que o Partido Popular leva exercendo sobre Galicia no último lustro.

A dirección nacional de Esquerda Unida, en aras de continuar co traballo en prol da unidade  como camiño para artellar unha alternativa real para gobernar Galicia, chama ás organizacións coas que compartimos espazos políticos, Anova e Podemos para iniciar os contactos na primeira quincena de xaneiro e avanzar na conformación desa alternativa política.

Comentar noticia

Your email address will not be published.