Esquerda Unida lamenta o falecemento de Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas e figura esencial dos procesos de unidade da esquerda en Galicia

Publicado por o día 26/01/2021 na sección de Cangas,Esquerda Unida,Galicia,Política

Esquerda Unida lamenta o falecemento de Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas e figura esencial dos procesos de unidade da esquerda en Galicia

Esquerda Unida lamenta a morte dun militante moi querido pola organización, artífice dos grandes procesos de confluencia política da esquerda, membro da dirección nacional de Esquerda Unida e actual alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, “un referente político para os homes e mulleres que acreditan na unidade política e no compromiso social”.

A coordinadora nacional de EU, Eva Solla, lamentou hoxe o feito de que “Galicia e Cangas perden a un dos homes que traballou a reo para a unidade das forzas de esquerdas, que foi quen de concretar colectivamente a creación de alternativa galega de esquerdas, forza hoxe gobernante na vila, sen a cal non se entendería a creación de AGE no 2012 e tampouco as candidaturas de unidade popular e procesos políticos posteriores”.

Pazos era un exemplo de talante político, diálogo permanente e compromiso tamén co desenvolvemento dunha cultura popular aberta e crítica. “Cangas e a esquerda política perden un referente cuxo bagaxe político e ensinanzas a nosa organización saberá valorar e coidar”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.