Esquerda Unida leva o problema do lindano no Porriño a Europa

Esquerda Unida busca aliados en Europa contra os efectos da contaminación por lindano
Por o 12/02/2018 | Sección: Esquerda Unida,Política
Esquerda Unida leva o problema do lindano no Porriño a Europa

A eurodeputada de Izquierda Unida, Paloma López, preguntará á Comisión Europea (CE) sobre os protocolos de seguridade aplicados na manipulación, traslado e almacenamento do lindano na comarca de O Porriño.
Compostela, 01 de febreiro de 2018. O caso do lindano en O Porriño é un problema de contaminación ambiental de primeira magnitude en Galicia. É por iso que Esquerda Unida vén de levar a Europa, da man da eurodeputada de Izquierda Unida, Paloma López, unha serie de preguntas nas que solicita á Comisión Europea (CE) que aclare cuestións tales como se esta ten coñecemento da actual situación que a veciñanza do Porriño está a vivir coa contaminación de lindano e se cre que as medidas de control nesta zona cumpren a normativa europea, ademais de garantir a calidade da auga.

Nos últimos meses leváronse a cabo labores de retirada de lindano e, ante a posibilidade de que estas se fixeran sen as medidas de protección adecuadas, a eurodeputada de Izquierda Unida, Paloma López, preguntará á Comisión sobre os protocolos de seguridade aplicados nos traballos de manipulado, traslado e almacenamento do lindano.

Entre 1947 e 1964 na localidade do Porriño, no polígono de vivendas de Torneiros. (Galicia) a compañía farmacéutica Zeltia desenvolveu a súa actividade industrial na que producía lindano. As verteduras na zona, estimadas en máis de 1.000 toneladas, provocaron que o seu chan este totalmente impregnado deste tóxico.

EU Son O Porriño ten denunciado en repetidas ocasións os altos niveis desta sustancia tóxica perigosa presente na comarca de Torneiros, esixindo a implicación das diferentes administracións (concretamente o Concello e o Parlamento de Galicia) para paliar este problema ecolóxico e sanitario que require dunha resposta inmediata que vaia máis alá de pechar os pozos de auga contaminados dos que a veciñanza leva anos abastecéndose.

O lindano está presente tamén en terras de cultivo, como no terreo sobre o que se sitúan vivendas e zonas de parques, un deles bautizado como Parque do Lindano. A superficie afectada esténdese por toda a localidade chegando a outras localidades limítrofes como Mos.

O goberno da Xunta de Galicia vén de solicitar que se evite o consumo de auga e de produtos cultivados procedentes da zona, polo que a eurodeputada de Izquierda Unida preguntará á Comisión se considera suficiente as medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia.

Esquerda Unida considera que, debido á natureza tóxica do lindano, é necesario seguir a traballar e buscar aliados en Europea coa fin de tomar medias e destinar os orzamentos necesarios para levar a cabo accións efectivas contra este contaminante.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.