Esquerda Unida manifesta o seu apoio ao persoal de Xustiza na convocatoria da súa primeira folga indefinida en Galicia

Publicado por o día 07/02/2018 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida manifesta o seu apoio ao persoal de Xustiza na convocatoria da súa primeira folga indefinida en Galicia

Esquerda Unida apoia a primeira folga indefinida do persoal de Xustiza na historia de Galicia, secundada por todos os sindicatos, que comeza hoxe tras fracasar as negociacións das últimas semanas coa Xunta de Galicia, unhas reunións nas que as traballadoras e traballadores, entre outras cousas, demandaban unha equiparación salarial co persoal doutras comunidades autónomas.

O persoal de Xustiza leva tempo denunciando a discriminación salarial que padece. Segundo datos do sindicato, de 2.500 traballadores, máis de 2.000 prevén acudir á folga para recuperar os dereitos económicos e sociais demoucados, así como para demandar o aumento de máis de 100 prazas da xustiza coa fin de mellorar o rendemento nos xulgados e facer fronte ao aumento da carga de traballo.

Dende Esquerda Unida denunciamos a soberbia dun goberno disposto a asumir unha paralización total da xustiza en Galicia antes que acceder á reivindicación máis que xustificada dun colectivo discriminado laboralmente. Por todos estes motivos, dende Esquerda Unida, apoiamos ao persoal de Xustiza na súa primeira folga indefinida da historia de Galicia.