Esquerda Unida non recoñoce o consello das mareas por ser o resultado dun proceso viciado e irregular

Publicado por o día 28/12/2018 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida non recoñoce o consello das mareas por ser o resultado dun proceso viciado e irregular

A ausencia de garantías xurídicas e democráticas xunto coa ausencia de documentación das supostas auditorías que sustentaron as graves acusacións a compañeiras e compañeiros e incluso o cese destas do Comité Electoral, son feitos que motivaron a non participación desta organización no proceso de votacións que tivo lugar a pasada fin de semana.

“Dende Esquera Unida nos reafirmamos nos motivos que trasladamos días antes das votacións ao Consello das Mareas que foron os mesmos que motivaron a non participación neste proceso de votación. A ausencia de garantías xurídicas e democráticas que advertiamos dende a paralización do proceso, a non existencia de ningún tipo de documento que acredite ningún tipo de informe ou auditoría sobre as medidas de seguridade converte a este proceso en ilexítimo así como o seu resultado que non recoñecemos” manifesta Eva Solla.

Esquerda Unida continúa traballando no espazo dunha confluencia que debe construirse a partir de agora en base á fraternidade e tamén seguimos traballando nas medidas legais que consideremos pertinentes para reestablecer a honorabilidade das compañeiras que foron calumniadas e difamadas nos medios de comunicación sen nigunha proba e restablecer a verdade e a democracia no proceso de confluencia.