Esquerda Unida organiza mañá venres a xornada de debate: “Os retos da loita LGTBI” con motivo do Orgullo 2017

Publicado por o día 15/06/2017 na sección de Esquerda Unida,Galicia,Política,Santiago,Vigo

Esquerda Unida organiza mañá venres a xornada de debate: “Os retos da loita LGTBI” con motivo do Orgullo 2017

Esquerda Unida Compostela organiza a charla-debate que leva por título: “Os retos da loita LGTBI”, impartida por Vanessa Angustia, senadora de En Marea; Sara Romero, activista do colectivo transexual; Charo Alises, avogada do equipo xurídico da FELGBT e a actriz Pilar Pereira. Este acto terá lugar o 16 de xuño ás 18h. no Auditorio do Espazo Matadoiro (Praza do Matadoiro. Santiago de Compostela).

Este coloquio pretende dar a coñecer temas tan importantes como o Proxecto de Lei de Igualdade LGTBI, o Proxecto da Lei Galega de Identidade de Xénero, as dobres discriminacións no colectivo LGTBI ou o activismo LGTBI na cultura, entre outros.

Hora: 18 horas.

Data: Venres, 16 de xuño.

Lugar: Auditorio do Espazo Matadoiro (Praza do Matadoiro. Santiago de Compostela).