Esquerda Unida pide a mobilización masiva de Vigo contra a reordenación da area sanitaria

Publicado por o día 12/02/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida pide a mobilización masiva de Vigo contra a reordenación da area sanitaria

ESQUERDA UNIDA PIDE A PARTICIPACIÓN MASIVA DOS VIGUESES E VIGUESAS NA MOBILIZACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA DE MAÑÁ

EU considera esencial a mobilización de mañá 13 de Febreiro en Vigo para conquerir a retirada da reordenación do mapa sanitario de Galicia. O Consello Local de Esquerda Unida reitera a súa aposta pola Sanidade Pública e manifesta o seu apoio a esta mobilización.

Esquerda Unida denuncia que o desmantelamento da Área Sanitaria de Vigo é unha consecuencia máis da política de recortes sanitarios do Partido Popular. O desvío de pacientes a outras Áreas Sanitarias ven a sumarse á xeira de medidas privatizadoras e desmanteladoras que sufre a nosa Área Sanitaria: mantemento do convenio con POVISA, privatización do Novo Hospital de Vigo e redución das súas dependencias, recortes de persoal, etc.

A estes graves feitos engádense tamén as medidas neoliberais tomadas polo Goberno no conxunto do Servizo Galego de Saúde, que inclúen a privatización de toda a Alta Tecnoloxía Sanitaria (radioloxía, radioterapia, resonancia…) e mesmo a privatización da Esterilización de material e instrumental, servizo sanitario ata o de agora con persoal público.

Esquerda Unida lembra que o correcto funcionamento dos servizos sanitarios especializados precisan dun número mínimo de pacientes ao ano e remarca que as modificacións no planeamento sanitario non poden facerse de costas ao persoal, que é quen está a soster na actualidade a nosa Sanidade ante os ataques do Partido Popular.

PRENSA EU VIGO