Esquerda Unida pide que a cidade non baixe a garda ante a violencia machista

Publicado por o día 24/11/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida pide que a cidade non baixe a garda ante a violencia machista

– O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez chamou hoxe á participación na mobilización que mañá ás 20 horas partirá da Farola e Urzáiz e lembra que “a loita contra a violencia machista segue a ser a loita pola igualdade entre homes e mulleres”

Para EU é neste contexto de desigualdade e discriminación patriarcal onde se enmarcan todo tipo de agresións contra as mulleres. Só unha sociedade fundamentada e asentada na igualdade real, impediría que a crise económica puidera servir de pretexto ou explicación.

Esquerda Unida considera que a igualdade real se constrúe a partir da prevención e da educación. As políticas e as estratexias que se utilizan para previr as agresións deben partir dunha educación afectivo-sexual a todos os niveis que facilite desenvolver unha sexualidade baseada no respecto e na igualdade real entre mulleres e homes.

E por suposto, fronte aos recortes nos orzamentos e políticas públicas, esiximos que se reforcen  os recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de políticas de igualdade activas, integrais e participativas, pola consecución dunha Sociedade libre de violencia de xénero, na liña do apuntado polo Convenio de Estambul sobre prevención da violencia de xénero e as propostas enunciadas polos colectivos feministas.

Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación da cidadanía nas movilización convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres por todo o país para  este martes 25 de novembro de 2014 que en Vigo será as 20 horas na farola de Urzáiz.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO