Esquerda Unida pide que se faga público o custe do traslado do Alfageme e donde figura o concurso público

Publicado por o día 18/02/2015 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida pide que se faga público o custe do traslado do Alfageme e donde figura o concurso público

– Rubén Pérez (Esquerda Unida): “O empecinamento de Caballero na colocación do Bernardo Alfageme so pode ser entendido dende a prepotencia dun alcalde sen lectura da realidade”.

O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que o traslado do barco fronte a un acordo plenario, amosa un comportamento antidemocrático e que roza o “delirio de grandeza” do alcalde.

EU pide que se explique públicamente como e cando se procedeu a contratar un traslado destas características, e o custe total de todo o proceso de instalación, dende a vixilancia do recinto, a reparación final do barco, a estructura metálica de soporte e o propio traslado.

ESQUERDA UNIDA sigue a defender que o barco e gran parte da memoria histórica pesqueira de Vigo ten que configurarse nun espacio do Museo do Mar, adicado a pesca e a industria transformadora que un día foi a carta de presentación da nosa cidade ante o mundo. Encallalo nunha rotonda, constitúe cando menos unha excentricidade costosa e inutil.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO