Esquerda Unida pon en marcha “Programa Aberto”, un espazo de elaboración colectiva para a converxencia de cara as municipais

Publicado por o día 20/10/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida pon en marcha “Programa Aberto”, un espazo de elaboración colectiva para a converxencia de cara as municipais

Esquerda Unida pon en marcha un proceso de elaboración colectiva dos programas cos que realizar a converxencia de cara as eleccións municipais nas comarcas de Vigo, Baixo Miño, O Condado e A Padaranta.

Esquerda Unida lanzou recentememente un chamamento para construír un proceso de rebelión cidadá e abrir un proceso constituínte no noso país, proceso que consideramos ten que ter unha dimensión de interlocución entre todas as persoas, movementos sociais, culturais, asociacións, organizacións sindicais e políticas da esquerda para gañar soberanía popular.

Queremos realizar esa interlocución con toda a cidadanía, e para facilitala creamos programa-aberto. Un espazo para a elaboración colectiva dos programas cos que Esquerda Unida abordará o proceso de converxencia con forzas políticas, movementos sociais e cidadanía en xeral, de cara a constituír unha alternativa ás políticas neoliberais que estanse a levar a cabo, tamén nos concellos.

PROGRAMA ABERTO é complementario á Conferencia Política Programática que Esquerda Unida está a celebrar a nivel federal no outono de 2014, chamada “encuentro”, e do que tamén se farán encontros na comarca de Vigo.

Este proceso de elaboración colectiva realizarase desde a paxina web www.programa-aberto.org, onde todos os participantes poderán facer as súas achegas aos borradores que para todos os concellos existen. Nun primeiro momento tamén se poderán achegas a cuestións que superan o ámbito municipal, como pode ser o Transporte Metropolitano.

As achegas que se reciban na páxina web serán complementadas con entrevistas a colectivos e actos públicos.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO