Esquerda Unida recibe contestación do Bispo de Tui-Vigo sobre a cruz do Castro

Publicado por o día 29/09/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida recibe contestación do Bispo de Tui-Vigo sobre a cruz do Castro

ESQUERDA UNIDA RECIBE DO BISPO DE TUI-VIGO UNHA RESPOSTA “ABSOLUTAMENTE INCOMPATIBLE COA PRETENDIDA DESVINCULACIÓN DA IGREXA CO ESTADO FRANQUISTA” NO TOCANTE Á CRUZ DO CASTRO.

O coordinador local de EU, Rubén Pérez recibiu unha resposta a un escrito dirixido ao bispo da diócese Tui-Vigo que sinala unha defensa velada da permanencia do monumento fascista no Castro.

No escrito de EU denunciabase “o uso absolutamente falaz e arbitrario que o chamado bando nacional fixo da simboloxía cristiá deixou centos de monolitos, estatuas, placas, etc… que, sen perder a súa significación de lembranza da vitoria sobre os opositores, pretendían identificar o pensamento e práctica cristiá coa brutalidade da represión absolutamente incompatible cos valores da igrexa católica na súa formulación doctrinaria”.

A resposta do bispo di literalmente “que nunca (o bispo) deixarei de intentar que todos, crentes ou non crentes, tratemos de descubrir e respectar o sentido cristiano da cruz, como símbolo supremo de reconciliación e perdón”

EU reclamaba ao bispo que fixera valer a autoridade que a súa figura otorga para que o Concello retire o recurso, asuma a retirada da Cruz do Castro e evite que se abra un conflicto sobre a, para nós e para a propia sentencia, inexistente simbolixia cristiá do conxunto monumental.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO