Esquerda Unida reclama á xustiza que investigue a Juan Carlos de Borbón e reabra a querela criminal presentada en 2018

Tras os contactos establecidos entre a Fiscalía Anticorrupción e a Fiscalía suíza e que dan traslado ao Tribunal Supremo para que se investiguen “os fondos irregulares” que Juan Carlos de Borbón “tería depositados en Suíza e relacionados cos pagos realizados por Arabia Saudí”
Publicado por o día 12/08/2020 na sección de Esquerda Unida,Galicia,Política,Vigo

Esquerda Unida reclama á xustiza que investigue a Juan Carlos de Borbón e reabra a querela criminal presentada en 2018

Eva Solla coordinadora de EU e secretaria do PCG, xunto con Rubén Pérez secretario de organización de EU e René Gamborino secretario de organización do PCG en representación de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia presentaron hoxe un escrito nos xulgados de Vigo onde reclaman a reapertura da querela criminal presentada no 2018 por Izquierda Unida, o Partido Comunista de España e o Foro de Abogadas e Abogados de IU contra o rei emérito xunto con outras sete persoas.

“A inviolabilidade da que dispón o rei emérito non pode significar que ante delitos de enriquecemento que poden operar contra a facenda pública, esta persoa ten que ser xulgada igual que calquera outro cidadán”, di Eva Solla coordinadora de EU, polo que ante esta situación “o que estamos a solicitar é cuestión de democracia e de xustiza, que quen foi xefe do estado  poida ser xulgado neste país e responda polos seus actos”.

A querela criminal presentada ante o Tribunal Supremo contra o rei emérito xunto con outras sete persoas que se reparten a imputación de 13 supostos delitos -sete dos delitos son referidos directamente ao rei emérito, Juan Carlos de Borbón- entre eles están os de suborno, contra a Facenda Pública, administración desleal, fraude e exaccións ilegais, tráfico de influencias, constitución de grupo criminal, blanqueo de capitais, encubrimento, ameazas de morte condicionais, descubrimento e revelación de segredos, omisión do deber de perseguir delitos ou corrupción entre particulares.

Tras os contactos establecidos entre a Fiscalía Anticorrupción e a Fiscalía suíza e que dan traslado ao Tribunal Supremo para que se investiguen “os fondos irregulares” que Juan Carlos de Borbón “tería depositados en Suíza e relacionados cos pagos realizados por Arabia Saudí”, Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia consideran evidencias suficientes como para que se leve a cabo a reapertura da investigación da querela presentada en decembro de 2018 e arquivada aos poucos meses de tela presentado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.