Esquerda Unida reivindica na súa campaña “Matricúlate na Pública” a protección da Educación como un dereito fundamental e non un negocio

“Dende Esquerda Unida esiximos a necesidade de que o Executivo Galego realice unha auditoría de todos os centros privados e concertados para así determinar se realmente son servizos complementarios ou teñen relación de competencia directa. En caso de ter competencia, que se anule o concerto”, sinala Xabier Ron.

Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e José Cuenca, membro da área de Ensino de EU, valoraron esta mañá en rolda de prensa a campaña informativa “Matricúlate na Pública” coma un acto consciente de posta en valor deste servizo público, tan maltratado por un goberno autonómico empeñado no desmantelamento do ensino público e a promoción do sector privado.

Segundo explica Xabier Ron, “esta campaña sirve para animar á cidadanía e denunciar unha anomalía do sistema educativo, como é a existencia de centros privados financiados con diñeiro público e que compiten cos públicos. Falamos dunha anomalía que se demostra no feito de que a matrícula de alumnado nos centros concertados mantense equilibrada e case constante e, sen embargo, seguen aumentando o número de unidades concertadas, das 3.853 do 2016 a 3.892 no 2017”.

“Dende Esquerda Unida esiximos a necesidade de que o Executivo Galego realice unha auditoría de todos os centros privados e concertados para así determinar se realmente son servizos complementarios ou teñen relación de competencia directa. En caso de ter competencia, que se anule o concerto. Tamén temos un dato incoherente: estase a dar un incremento escandaloso nos orzamentos de 2017, regalándolle un aumento de case 18 millóns de euros para un fomento da educación concertado, concretamente en infantil e en FP, en grado medio e superior, castigando ao ensino público, que non está a cubrir a demanda da cidadanía nestes eidos. Por todo isto, loitaremos para a  anulación de concertos educativos que non son subsidiarios, senón competitivos e que o único que buscan é atacar o dereito á cidadanía a un ensino público de calidade e laico”, precisou.

A continuación, José Cuenca, membro da área de Ensino de EU, sinalou que a campaña “Matricúlate na Pública” estase levando a cabo coincidindo co inicio do período de reserva de praza para centros de Educación Infantil e Primaria e, para iso, estanse a repartir dípticos ao longo da xeografía nos que se anima á cidadanía a solicitar praza dentro da rede de centros públicos da comunidade.

“Se a educación é un dereito fundamental, pensamos que debe ser o Goberno quen a xestione, e non un negocio con carácter lucrativo. É por isto que sacamos a diante a campaña Matricúlate na Pública, enfocada en positivo, na que reivindicamos o uso do ensino público como un acto consciente de posta en valor deste servizo fundamental”, rematou.

Noticias de última hora en Vigo

educacion publicaesquerda unidamatriculate na publica

SIGUENOS EN TELEGRAM