Esquerda Unida reúnese co comité de Alcoa da Coruña e esixe ás administracións públicas que actúen e auditen o proceso de compra-venta da factoría

Publicado por o día 02/05/2020 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida reúnese co comité de Alcoa da Coruña e esixe ás administracións públicas que actúen e auditen o proceso de compra-venta da factoría

As direccións nacionais de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia, veñen de reunirse co comité de Alcoa a Coruña, nun contexto de preocupación pola situación na que se atopan os traballadores da factoría tras a venta que o primeiro comprador Parter acaba de facer ao fondo industrial Riesgo.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida Eva Solla manifestaba que “o abandono que se está a facer por parte das administracións tanto da Xunta como do Ministerio é inadmisible”. O incumprimento dos acordos asinados cos compradores que “tras 9 meses da primeira venda da factoría a Patner, non realizou ningún dos investimentos asinados” debe ser motivo de investigación.

“A ausencia de contacto por parte da Xunta de Galicia, da propia consellería de industria e de Núñez Feijóo, pon de manifesto a deixadez e o abandono por parte do Partido Popular aos traballadores a pesar de ter anunciado fondos específicos para elo” manifesta Solla, temos que rematar coa incerteza permanente na que se atopan a plantilla de traballadores.

“A Xunta ten competencias nesta materia e o prioritario para o goberno debe ser o mantemento dos postos do traballo, e entender que esta industria é fundamental para o futuro de Galicia ao tratarse dun sector estratéxico e clave para a soberanía industrial do noso país”.

Así mesmo Eva Solla trasladaba que “trasladaremos á Deputación Permanente do Parlamento de Galicia esta situación para esixir que o goberno galego actúe así como tamén daremos traslado ao ministerio de industria para que tamén interveña”.

“Tras 9 meses da compra por parte de Patner non existíu ningunha inversión na factoría polo que o Ministerio de industria debe intervir a empresa e esixir o cumprimento dos acordos que se asinaron nesa mesa de negociación que tivo lugar hai tan só uns meses” polo que “trasladaremos tamén aos compañeiros do congreso para solicitar que o ministerio se poña mans á obra para fiscalizar e auditar o proceso de compra-venda entre Patner e Riesgo”.

Esquerda Unida entende que ante esta situación se debe fiscalizar e auditar o proceso de compra-venta, esixir responsabilidades e compromiso por escrito do mantemento dos postos de traballo e dos acordos asinados.

Comentar noticia

Your email address will not be published.