Esquerda Unida rexeita a moción de censura presentada conxuntamente por Somos Fene e o PP en Fene

Por o 11/10/2017 | Sección: Esquerda Unida,Ferrol,Galicia,Política

Dende Esquerda Unida manifestan o total rexeitamento á moción de censura presentada hoxe conxuntamente por Somos Fene e respaldada polo Partido Popular no Concello de Fene.

Este segundo intento de moción de censura no Concello de Fene, que desta vez non conta coa sinatura do PSdG para tumbar ao goberno formado por BNG e EU, non responde a unha cuestión política. Dende Esquerda Unida apoian a acción política que EU Fene e BNG están a levar a cabo no concello en beneficio das veciñas e veciños, a pesares das continuas trabas por parte dos tres grupos da oposición.

Dende Esquerda Unida consideran que é inadmisible e inxustificable presentar unha moción de censura que entrega o goberno a un partido que practica políticas antisociais e duros recortes contra os dereitos da cidadanía. Consideran que esta actuación irresponsable por parte de Somos Fene só pode ser consecuencia de intereses partidistas que se antepoñen aos intereses das veciñas e veciños de Fene.

Por todo isto, dende Esquerda Unida manifestan o total rexeitamento a esta moción de censura que o único que pretende é prexudicar ás veciñas e veciños de Fene.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.