Esquerda Unida solidarízase co veciño de Coia que está sendo xulgado

Publicado por o día 10/02/2015 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida solidarízase co veciño de Coia que está sendo xulgado

O coordinador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, asistirá mañá a concentración nos xulgados de Vigo en solidariedade con Xurxo ó que o fiscal pídelle dous anos e medio de cadea e máis de 1200 euros de indemnización pola súa participación nas concentracións contra a instalación do barco.

ESQUERDA UNIDA cree que a petición  da fiscalía é absolutamente desproporcionada, e considera  isto un ataque á expresión da cidadania, así como unha excusa para o alcalde, Abel Caballero, para  criminalizar o movemento veciñal e para impoñer a sua vontade;  incluso en contra do pleno do Concello de Vigo.

Esquerda Unida amosa a sua solidariedade con Xurxo, e chama a veciñanza de Vigo a acudir mañá 11 de febreiro as 09:30 nos Xulgados á Concentración convocada pola Asemblea Aberta de Coia.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO