Esquerda Unida súmase a mobilización de mañá domingo en Compostela contra o desmantelamento da sanidade pública

Publicado por o día 08/02/2020 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida súmase a mobilización de mañá domingo en Compostela contra o desmantelamento  da sanidade pública

Esquerda Unida súmase e chama a participar na manifestación de SOS Sanidade Pública que reivindica a necesidade de que as galegas e galegos teñan unha sanidade pública e de calidade ante o desmantelamento desta por parte das políticas de Núñez Feijóo. A mobilización terá lugar o vindeiro domingo 9 de febreiro en Compostela e sairá dende a Alameda de Santiago para percorrer as principais rúas da cidade ata a praza da Quintana.

As políticas sanitarias que está aplicando o Partido Popular céntranse no desmantelamento e na privatización da sanidade, o abandono dos centros de atención primaria, a ocultación e manipulación das listas de espera, a precarización e explotación do persoal… uns problemas que están a levar á sanidade pública a un punto de difícil retorno.

Por todo isto, dende Esquerda Unida chamamos á saír ás rúas por unha sanidade pública e de calidade e contra o seu desmantalemento. Na mobilización estará a coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, e os membros da dirección.

Comentar noticia

Your email address will not be published.