Esquerda Unida súmase ás concentracións convocadas polos colectivos feministas polo asesinato machista que tivo lugar na Coruña

Publicado por o día 22/08/2017 na sección de A Coruña,Esquerda Unida,Galicia,Política

Esquerda Unida súmase ás concentracións convocadas polos colectivos feministas polo asesinato machista que tivo lugar na Coruña

Unha vez máis o machismo faise cunha vítima, na Coruña, que engrosa a longa listaxe de asasinatos, desta vez o dunha muller, a sogra do asasino, que se atopaba na casa coidando á súa neta de 21 meses que posteriormente foi secuestrada por este . Dende Esquerda Unida condenan este asasinato así como a falta de políticas reais e as insuficientes respostas institucionais para combater esta lacra que está acabando coa vida das mulleres e tamén das cativas e cativos vítimas dun sistema patriarcal que debemos erradicar.

Dende Esquerda Unida trasladan o apoio e solidariedade á familia e persoas achegadas da vítima, e facemos un chamamento á participación nas concentracións convocadas por todo o país contra a violencia machista para este mércores 23 de agosto ás 20h