Esquerda Unida súmase á denuncia do Frente Polisario, Observadores Internacionais e Sogaps e esixe a anulación do xuízo-teatro dos activistas de Gdeim Izik

Por o 08/06/2017 | Sección: Esquerda Unida,Política,Vigo
Esquerda Unida súmase á denuncia do Frente Polisario, Observadores Internacionais e Sogaps e esixe a anulación do xuízo-teatro dos activistas de Gdeim Izik

Esquerda Unida súmase á denuncia realizada polos Observadores Internacionais (entre eles, varios membros de SOGAPS) presentes no xuízo dos Presos Políticos Saharauís de Gdeim Izik, o coñecido como campamento da Dignidade, desmantelado pola forza por Marrocos a finais de 2010. Este xuízo farsa que se está a levar a cabo deixa de manifesto a evidente violación sistemática das garantías procesuais e dos Dereitos Humanos por parte de Marrocos.

Por isto, dende Esquerda Unida esixen a anulación inmediata deste xuízo-teatro que se está a representar cos activistas de Gdeim Izik, que máis que un proceso é unha auténtica farsa repleta de manipulacións que violenta o dereito de defensa e o dereito á xustiza. Ademais, sumámonos ás peticións dos Observadores Internacionais e instamos á protección dos presos políticos saharauís por parte de Nacións Unidas e Institucións Internacionais competentes.

Dos 25 saharauís detidos, Hassana Alia, conseguiu recentemente a condición de refuxiado político en España o que ofrece máis argumentos para esixir, de forma rotunda, a anulación do xuízo militar para Hassana e os outros 24 activistas que levan seis anos encarcerados en Marrocos.

Dende Esquerda Unida levan anos a denunciar a actuación antidemocrática de Marrocos, así como a constante violación de dereitos humanos respecto ao trato ao seu veciño Sáhara Occidental. O pobo saharauí debe saber que seguiremos apoiando a súa causa e que reclamaremos a celebración do referendo de autodeterminación para que os saharauís podan vivir en paz e en liberdade no seu propio territorio.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.