Esquerda Unida súmase e chama a participar na mobilización feminista deste domingo 1 de marzo en Verín

Publicado por o día 28/02/2020 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida súmase e chama a participar na mobilización feminista deste domingo 1 de marzo en Verín

Esquerda Unida súmase e chama a participar na mobilización feminista galega que terá lugar este domingo 1 de marzo en Verín, lugar elixido para celebrar que a presión cidadá e a loita na rúa foi capaz de promover a reapertura do paritorio e do servizo de Urxencias Pediátricas.

Este acto é tamén un dos previos aos que virán polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

A saída da mobilización esta prevista para as 12 horas dende o IES Xesús Taboada Chivite. A chegada e final de manifestación, así como a lectura do manifesto, serán na Praza Maior de Verín.

Dende Esquerda Unida denunciamos que as mulleres sufrimos unha desigualdade e discriminacións en canto a dereitos básicos se refire, como a precariedade laboral ou a fenda salarial, polo que cremos que é importante difundir e animar á cidadanía a que secunde esta mobilización e posterior folga do 8M.