Esquerda Unida súmase e chama a participar nas mobilizacións que terán lugar por toda Galicia este sábado 25 de novembro, Día contra a Violencia Machista

EVA SOLLA, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, estará presenta na mobilización de Vigo.
Por o 24/11/2017 | Sección: Esquerda Unida,Galicia,Política
Esquerda Unida súmase e chama a participar nas mobilizacións que terán lugar por toda Galicia este sábado 25 de novembro, Día contra a Violencia Machista
Compartir en:

Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista Galego co motivo do Día contra a Violencia Machista, este vindeiro sábado 25N, no que sairán ás rúas a reclamar “igualdade radical fronte á violencia exercida dende o patriarcado”.  

Esquerda Unida, a través da súa área nacional da Muller, fai público o seu Manifesto polo 25N, no que considera que na actualidade “precisamos políticas transversais, contundencia e decisión política para aumentar os recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de políticas de igualdade activas, integrais e participativas”.