Esquerda Unida súmase á mobilización da Plataforma das Vítimas do Alvia a prol de esixir xustiza e verdade no accidente de Angrois

Publicado por o día 22/07/2017 na sección de Esquerda Unida,Galicia,Política,Santiago

Esquerda Unida súmase á mobilización da Plataforma das Vítimas do Alvia a prol de esixir xustiza e verdade no accidente de Angrois

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta da Mesa do Parlamento de Galicia, Vanessa Angustia, senadora de En Marea e membro da dirección de Esquerda Unida e Xabier Ron, membro de executiva de Esquerda Unida participarán este luns 24 de xullo na mobilización que sairá ás 11h. da estación de tren de Compostela ata chegar á praza do Obradoiro, co fin de reivindicar xustiza e verdade polos 80 falecidos e 144 feridos no cuarto aniversario do accidente do Alvia.