Esquerda Unida súmase á mobilización das Marchas da Dignidade en apoio a Emilio Cao e contra a Lei Mordaza

Publicado por o día 02/12/2016 na sección de Esquerda Unida,Política,Vigo

Esquerda Unida súmase á mobilización das Marchas da Dignidade en apoio a Emilio Cao e contra a Lei Mordaza

Mañá sábado 3 de decembro, ás 12h., Esquerda Unida sumarase á mobilización en apoio a Emilio Cao, que terá lugar na Praza Maior do Carballiño. O obxectivo principal é manifestar o apoio ao compañeiro Emilio Cao, a quen a Fiscalía lle pide 5 anos e 8 meses de cárcere por ter participado na mobilización das Marchas da Dignidade do 22 de marzo de 2014, onde foi detido, cando acababa de cumprir 18 anos.

“Consideramos que é un atropelo aos dereitos democráticos que unha persoa poida ser condenada por máis de 5 anos polo feito de manifestarse polos dereitos da cidadanía. Todas estábamos nesa mobilización de marzo en Madrid, polo que calquera podería estar agora nesta situación”, sinala Eva Solla, membro da dirección de EU e vicepresidenta segunda do Parlamento por En Marea.

Dende Esquerda Unida esiximos o sobresemento da causa de Emilio Cao e facemos un chamamento á toda a cidadanía para participar nesta xornada de protesta e reivindicación, xa que calquera de nós podería ter sido Emilio Cao.