- Militantes, simpatizantes e activistas sociais traballarán este sábado 22 en Vigo sobre os procesos de unidade da Esquerda Política e Social.
O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, e voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO considera que EU ten sido partes sustancial de moitos procesos de encontro e construcción de alternativas electorais como AGE ou as diferentes candidaturas municipais das que AS MAREAS teñen sido parte importante, “pero a disparidade de procesos, cada vez máis complexos e con diversos actores” require un debate serio e riguroso de como encarar a construcción da unidade popular, da concrección dun programa alternativo e das metodoloxías de participación pública da cidadanía consciente.
Para o concelleiro da MAREA DE VIGO e coodinador local de EU “o que buscan estas xornadas é analizar o papel que xoguemos, pero tamén a actitude e o estilo que empreguemos na nosa relación con outras forzas políticas e movementos sociais, determinarán en gran medida nosa credibilidade como actor político convencido da unidade popular e como axente activo dos procesos de confluencia.”
En Esquerda Unida moitos compañeiros e compañeiras levamos moitos anos confluíndo con movementos sociais e construíndo resistencias e converxencias colectivas, o que nos achega unha bagaxe experiencial considerable e unhas relacións consolidadas sobre as que cimentar a promoción da Unidade Popular.
No marco desta xornada tamén trataremos exemplos exitosos de construcción de unidade popular como a dos municipios de Madrid, Zaragoza, A Coruña e Barcelona.
PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.