Esta é a “absoluta normalidade”que Elena Espinosa afirma que teñen os bombeiros de Vigo?

Publicado por o día 20/08/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

Esta é a “absoluta normalidade”que Elena Espinosa afirma que teñen os bombeiros de Vigo?

Absoluta normalidade = De 149 efectivos en persoal só hai reais 102.

Absoluta normalidade = De 102 efectivos reais na actualidade un 30% de baixas laborais físicas e psicolóxicas.

Absoluta normalidade = Dos 70 efectivos operativos, un 50% por encima de 50 anos de idade, dos cales se xubilarán nos próximos 5 anos uns 40 efectivos.

Absoluta normalidade = +38.000 hrs extras en 2018, case na súa totalidade estruturais por falta de persoal, non de servizos excepcionais.

Absoluta normalidade = xornadas de ata 48 hrs seguidas, chegando a realizar ata 120 hrs -5 gardas de 24 hrs- en tan só 9 días, isto é 24 hrs de garda 24 hrs de descanso, incumprindo as directrices europeas de tempos de descanso para traballadores nocturnos.

Absoluta normalidade = bombeiros en prácticas que tras 5 meses aínda non realizaron ningún curso, que mentres non os fagan non asinarán como funcionarios de carreira para poder desenvolver normalmente as súas funcións, seguirán cobrando 550€ ao mes, estarán a traballar en quendas de 24 hrs en postos de primeira intervención, expoñendo as súas propias vidas, as dos seus compañeiros e as dos cidadáns aos que asisten, compoñendo unha saída de 1a intervención con ata 3 bombeiros en prácticas dos 4 que compoñen ese equipo.

ABSOLUTA NORMALIDADE = ABSOLUTA ANORMALIDADE.

Ou amenten escandalosamente ou quen lles está informando está a facelo moi mal. “Que non pase nada” din desde o colectivo Vigo Sen Bombeiros.

Una respuesta para "Esta é a “absoluta normalidade”que Elena Espinosa afirma que teñen os bombeiros de Vigo?"

  1. Batelumes   20/08/2019 at 9:24

    Desgraciadamente, e fago unha reflexión persoal, non hai máis cega ca que non quere ver. Ocorrerá unha desgracia, pagarémola os cidadáns ou traballadores do servizo, e aquí non pasará nada. Ás que gobernan non lle importan máis ca os votos, o resto é desviar a atención dos cidadáns con números circenses e mentiras.

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.