Esta é a consideración da sección sindical de CCOO no concello de Vigo sobre os bombeiros

Publicado por o día 21/08/2019 na sección de CC.OO,Galicia,Sindicatos,Vigo

Esta é a consideración da sección sindical de CCOO no concello de Vigo sobre os bombeiros

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Vigo considera que a convocatoria de folga debe partir dunha asemblea na que participe todo o colectivo e os seus representantes sindicais para lograr a maior unidade posible e na que se debatan todos os obxectivos da mesma, así como duración e composición do Comité de folga.

Desde o 14 de agosto a Lei establece que é o Comité de Folga que representa aos folguistas o que negocia coa concellería para alcanzar os obxectivos establecidos na convocatoria de folga.

O obxectivo marcado polo comité de folga

“Conseguir, por parte do Concello, a garantía de cobertura das prazas necesarias e recoñecidas para o desenvolvimiento deste servizo público”.

Todas as prazas vacantes existentes no servizo de bombeiros está ofertadas nas OEPs : 2 sarxento, 10 bombeiro, 2 condutor bombeiro OEP 2014/15/16 “xa executada”; 2 condutor bombeiro OEP 2017; 9 bombeiro OPE 2018; 6 bombeiro, 3 condutor bombeiro OEP 2019, excepto as xeradas por xubilacións no ano 2019, que se terán que ofertar na OEP 2020, no momento en que se negocie.

Na actualidade, a única forma de ter máis prazas para convocar no servizo de bombeiros, é suprimir prazas doutros servizos e crealas para o servizo de bombeiros, cousa que xa se fixo para as 8 prazas que hai convocadas na OEP 2019.

CCOO considera que se ten que buscar outra vía para poder conseguir chegar ao número de efectivos que se necesitan para este servizo, sen que sexa á conta doutros servizos do Concello, os cales tamén están en precario.

Unha das propostas de CCOO é que desde a FEMP solicítese ao Goberno que lle permita usar aos Concellos o superavit para a contratación de máis persoal.

CCOO seguirá traballando

– substitución do Decreto por un acordo de cumprimento de servizos mínimos, mentres non se poida chegar ao número de persoal adecuado.

– Acelerar ao máximo o inicio das OEPs, xa acordado na última mesa de negociación.
– Paso ao grupo C1 e segunda actividade.
– Defender os dereitos do persoal de novo ingreso

Non entendemos por que un Sindicato que non sente vinculado coas decisións en asemblea da maioría de traballadores e que só rende contas aos seus afiliados poida autoproclamarse representante de todo o colectivo de bombeiros. Isto só pode entenderse con fins electoralistas, os cales priman por encima dos do colectivo.

Por iso, o sindicato expón as seguintes preguntas

– Que posición adopta un sindicato que se define como democrático?, como se pode representar aos traballadores/ as se non se aceptan as maiorías?

– Como un sindicato democrático e que forma parte do Comité permite que os seus delegados abandonen ou non se presenten en ningunha comisión de bombeiros?

Comentar noticia

Your email address will not be published.