Esta fin de semana detrás do Marco celebrase V Festival ‘No Tengo Mamá’

No Tengo Mamá é un festival de artes gráficas e musicais orientado a súa vertente menos comercial. Tamén é un sarao moi animado para todos os públicos.
Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Esta fin de semana detrás do Marco celebrase V Festival ‘No Tengo Mamá’

O No Tengo Mamá nace no verán de 2014 como un evento centrado no universo das artes visuais e a autoedición, con especial preferencia cara aqueles traballos creativos de baixo coste que escapan aos formatos e contidos habituais e que se sosteñen unicamente grazas ao interese, perseveranza e peto dos seus propios creadores.

Este ano, o festival terá lugar os días 29, 30 e 31 de agosto e 1 de setembro nas inmediacións do museo MARCO. Banda deseñada, artes gráficas en xeral e música serán as disciplinas centrais, aínda que atoparemos outras propostas moi diversas. En torno a estas artes xiran todas as actividades programadas: obradoiros, concertos, coloquios, intervencións artísticas… Dúas xornadas de actividade continua e completamente de balde, nas que os creadores novos e/ou independentes e a creación artística son os absolutos protagonistas.

O corazón do festival é un mercadiño no que este ano reuniranse un total de 40 artistas, colectivos culturais e pequenas editoriais, achegados dende todo o territorio galego e tamén
peninsular.

O obxectivo é crear un espazo aberto para que estes artistas, habitualmente ignorados polos mass media e os circuítos artísticos e editoriais comerciais, teñan a oportunidade de
difundir a súa obra e monetizala, de forma que poidan darlle continuidade.

Alén disto, queren dinamizar a escena cultural da nosa cidade e que todas as persoas coñezan e conecten con outras formas de entender a arte e a cultura. Promoven a creatividade como motor da xuventude e gustaríanos servir de referente para as novas xeracións.

Quen esta detrás deste festival?

Seara Records é un colectivo cultural formado por un grupo de mozos e mozas de Vigo, todos eles con grandes inquedanzas ou mesmo dedicados profesionalmente a diferentes disciplinas artísticas e culturais.

Naceu no ano 2013 coa intención de servir como unha plataforma de difusión e producción cultural, baixo as máximas da edición autónoma e de baixo coste. Nos seus comezos volcáronse na edición de fanzines e casettes coa obra de artistas locais completamente descoñecidos. Pouco despois a súa labor moveuse cara a programación de concertos, exposicións e outros eventos artísticos en diferentes puntos da cidade.

Nos últimos anos atópanse centrados exclusivamente no festival No Tengo Mamá, que foi crecendo ano tras ano e requirindo dunha maior produción, tempo e recursos.

Dende o seu nacemento, Seara Records estivo moi unido á cafetería Detrás do Marco, que cedeu en moitas ocasións o seu espazo para a realización das diferentes actividades artísticas levas a cabo polo colectivo.

Dende o punto de vista da financiación, tanto nesta edición como na pasada, a Xunta de Galicia prestounos o seu apoio a través do programa de axudas Iniciativa Xove.

Todas as actividades son de balde a excepción do Fin de Festa (10/12€).

Agardámosvos os días 29, 30 e 31 de agosto!

Programa

Xoves, 29 de agosto de 2019
19:00 Coralie and Maxime – Exposición con Margaux Duseigneur e Antoine Marchalot.
20:00 Charla cos artistas en torno ao FANZINES FESTIVAL (París)
21:00 Pinchada NANO4814 + Pinchos pre-festival
viernes, 30 de agosto de 2019
16:00 Apertura mercadiño
17:00 Construír lugares, obradoiro por María Medem
18:00 Montón Montón intervención artística por NANO 4814
19:00 Mundo Prestigio
20:00 Reserva espiritual de Occidente
21:00 Oh! Ayatollah
23:30 KARAOKE PARTY con Esteban en SALA KOMINSKY (rúa Irmandiños 3)
Sábado, 31 de agosto de 2019
12:00 Apertura mercadiño
13:00 Sesión vermú
13:00 Vaia tropa! Obradoiro infantil con Pin Tam Pon
17:00 Obradoiro de serigrafía por Eixaesisa
19:00 Youcanthide
20:00 Claiana
21:00 Malandrómeda
Domingo, 1 de setembro de 2019
00:00 FIN DE FESTA escenario Jägermusic en Sala Masterclub
00:00 Purila Sniper
01:00 El Coleta
02:00 La Eterna
03:00 Pálida

Cartaz