Esta fin de semana detrás do Marco celebrase IV Festival ‘No Tengo Mamá’

Que é o festival No Tengo Mamá?

O No Tengo Mamá nace no verán de 2014 como un evento centrado no universo das artes visuais e a autoedición, con especial preferencia cara aqueles traballos creativos de baixo coste que escapan aos formatos e contidos habituais e que se sosteñen unicamente grazas ao interese, perseveranza e peto dos seus propios creadores.

Este ano, o festival terá lugar os días 7 e 8 de setembro nas inmediacións do museo MARCO. Banda deseñada, artes gráficas en xeral e música serán as disciplinas centrais, aínda que atoparemos outras propostas moi diversas. En torno a estas artes xiran todas as actividades programadas: obradoiros, concertos, coloquios, intervencións artísticas… Dúas xornadas de actividade continua e completamente de balde, nas que os creadores novos e/ou independentes e a creación artística son os absolutos protagonistas.

O corazón do festival é un mercadiño no que este ano reuniranse un total de 40 artistas, colectivos culturais e pequenas editoriais, achegados dende todo o territorio galego e tamén
peninsular.

O noso obxectivo é crear un espazo aberto para que estes artistas, habitualmente ignorados polos mass media e os circuítos artísticos e editoriais comerciais, teñan a oportunidade de
difundir a súa obra e monetizala, de forma que poidan darlle continuidade.

Alén disto, queremos dinamizar a escena cultural da nosa cidade e que todas as persoas coñezan e conecten con outras formas de entender a arte e a cultura. Promovemos a creatividade como motor da xuventude e gustaríanos servir de referente para as novas xeracións.

Quen esta detrás deste festival?

Seara Records é un colectivo cultural formado por un grupo de mozos e mozas de Vigo, todos eles con grandes inquedanzas ou mesmo dedicados profesionalmente a diferentes disciplinas artísticas e culturais.

Naceu no ano 2013 coa intención de servir como unha plataforma de difusión e producción cultural, baixo as máximas da edición autónoma e de baixo coste. Nos seus comezos volcáronse na edición de fanzines e casettes coa obra de artistas locais completamente descoñecidos. Pouco despois a súa labor moveuse cara a programación de concertos, exposicións e outros eventos artísticos en diferentes puntos da cidade.

Nos últimos anos atópanse centrados exclusivamente no festival No Tengo Mamá, que foi crecendo ano tras ano e requirindo dunha maior produción, tempo e recursos.

Dende o seu nacemento, Seara Records estivo moi unido á cafetería Detrás do Marco, que cedeu en moitas ocasións o seu espazo para a realización das diferentes actividades artísticas levas a cabo polo colectivo.

Dende o punto de vista da financiación, tanto nesta edición como na pasada, a Xunta de Galicia prestounos o seu apoio a través do programa de axudas Iniciativa Xove.

Cartaz

Fotos de edicións anteriores

 

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (1)
Publicar comentario
  • Gamela

    Celebramos esta nova edición e quixeramos lembrar a primeira edición coas palabras dun poeta ÚNICO que xa non está, lamentablemente, entre nós…

    https://youtu.be/IXtOpYqj-lI

    Ogallá recuperemos o espíritu deste incansable camiñante das rúas desta cidade cando Vigo aínda era unha Cidade Aberta ao Mundo !!!