Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Soutadoiro

Rexistráronse varios focos simultáneos que segundo as últimas estimacións provisionais afectaron en conxunto unhas 100 hectáreas
Publicado por o día 16/04/2017 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Ourense,Sucesos,Vigo

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Soutadoiro

A Consellería do Medio Rural informa de que desde as 20:45 horas de onte están estabilizados todos os focos do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Soutadoiro.

Este lume iniciouse ás 10:20 horas desta mañá, rexistrándose diferentes focos simultáneos que, segundo as últimas estimacións provisionais, afectaron en conxunto unhas 100 hectáreas. Nos traballos de control levan participado 1 técnico, 13 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 5 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.