Estabilizado o lume no concello pontevedrés de Lalín

Publicado por o día 10/08/2017 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Pontevedra,Sucesos

Estabilizado o lume no concello pontevedrés de Lalín

A Consellería do Medio Rural informou ás 20h que a situación do lume no concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Lebozán, tras comezar ás 14,56 h. deste mediodía esta nestes mesmos momentos atopase estabilizado. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 31 hectáreas. Nel traballan 3 axentes, 17 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.