Estabilizado o incendio do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe
Publicado por o día 04/08/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Estabilizado o incendio do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Cualedro

Extinguido ás 10,45 h. desta mañá o incendio do concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao. Segundo a última medición, afectou 1.535 hectáreas, das cales 525 son agrícolas e 1.010 forestais (960 rasas e 50 arboradas). Para o control deste lume mobilizáronse en total 2 técnicos, 54 axentes, 132 brigadas, 51 motobombas, 6 pas, 13 helicópteros e 13 avións, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Viana do Bolo

Estabilizado ás 10,03 h. desta mañá o lume do municipio ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 40 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado ata o momento 4 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.