Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas
Publicado por o día 11/07/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón, quedou estabilizado ás 14,53 h deste mediodía. O incendio comezou ás 03,38 h. desta madrugada, polo que todo indica que foi intencionado.

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas. No seu control levan traballado 5 axentes, 6 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 4 avións e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.