Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz

Tras unha nova estimación unha vez estabilizado o lume, a superficie provisional afectada é de 720 hectáreas
Publicado por o día 26/07/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, quedou estabilizado ás 15,20 h. desta tarde. Este incendio orixinárase o pasado venres.

Tras unha nova estimación unha vez estabilizado o lume, a superficie provisional afectada é de 720 hectáreas. Delas, 450 son forestais (400 rasas e 50 arboradas) e as restantes 270 ha son agrícolas. Para o control deste lume mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 24 axentes, 56 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.