Estabilizado o lume do concello pontevedrés de Cotobade, na parroquia de Almofrei

Publicado por o día 28/07/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Estabilizado o lume do concello pontevedrés de Cotobade, na parroquia de Almofrei

O municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade rexistra nesta xornada de martes un total de sete incendios forestais, cinco dos cales se iniciaron en pouco máis dunha hora.

Os cinco primeiros lumes rexistrados pola mañá xa están apagados ou controlados, catro deles en diferentes puntos da parroquia de Tenorio (todos conatos) e outro en Borela, no que arderon 1,45 hectáreas.

Xa pola tarde, un sexto incendio declarouse na parroquia de Viascón, ás 16.55 horas, o cal está controlado desde as 19.13 horas.

Traballan sete helicópteros, un avión, oito brigadas, cinco motobombas, tres axentes e unha pa.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, na parroquia de Almofrei comezou o sétimo lume do día ás 17.52 horas e permanece estabilizado desde as 18.53.

Colaboran nas tarefas dous helicópteros, unhas motobombas e unha brigada.

Medio Rural considera que hai unha “clara intencionalidade” detrás destes lumes, polo que xa puxo en coñecemento o sucedido á Garda Civil e o Seprona.

Por outra banda, quedou controlado tamén esta tarde o incendio no municipio lucense de Quiroga, na parroquia de Enciñeira, que comezou pouco antes das 3.00 horas da madrugada e arrasou unhas 30 hectáreas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.