Estabilizado un incendio forestal no Concello ourensán de San Xoán de Río, parroquia de Seoane de Argas

Segundo as últimas estimacións, o lume supera as 20 hectáreas de superficie
Publicado por o día 08/05/2018 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Estabilizado un incendio forestal no Concello ourensán de San Xoán de Río, parroquia de Seoane de Argas

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, xa estabilizado, que se rexistra no concello ourensán de San Xoán de Río, parroquia de Seoane de Argas.

O lume iniciouse ás 13,33 horas e quedou estabilizado ás 15,45 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Para extinguir este incendio mobilizáronse 3 axentes, 11 brigadas, 4 motobombas e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.