Estado lamentable do cementerio de Teis

Publicado por o día 02/02/2014 na sección de Vigo

Estado lamentable  do cementerio de Teis

Dende ANOVA Vigo denuncian o estado lamentable  do cementerio de Teis así como a situación de perigo na que se atopan os veciños e visitantes de dito lugar.

Tras visitalo, hai uns dias, comprobamos que o estado de deterioro vai en aumento supoñendo un gran risco de seguridade tanto para adultos como,especialmente,os cativos que o visiten. Nalgúns casos,os familiares non poden acceder os nichos por mor das vallas e os puntais.

Recollemos, tamén, o testemuño do presidente da Asociación de Veciños de Teis que se atopaba no lugar que nos trasladou as queixas da veciñanza así como o abandono que están a recibir de parte do Concello.
 Dende Anova atopan incompresible que despois dun ano e de continuadas denuncias e reclamacións dos veciños, o Concello de Vigo non resolvese esta cuestión pese a que en reiteradas ocasións comprometeuse a iniciar as obras de mellora.
 
Así mesmo recollen ditas reclamacións e exixen o Concello de Vigo que cumpla as promesas feitas publicamente fai un ano e que ,no canto de iniciar obras de humanización innecesarias nestes intres, execute as obras de mellora nas instalacións do cementerio de Teis.
mal-estado-cementerio-de-teis
 
  Anova Vigo considera un despilfarro, nos tempos que corren, o inicio de novas obras cando a situación de moitas infrastructuras e rúas de Vigo están nun mal e grave estado de conservación.
PRENSA ANOVA VIGO