Estas son as medidas adoptadas nas obras dos Campos de Futbol do Celta para garantir a seguridade dos pozos das traídas

Publicado por o día 08/04/2019 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

Estas son as medidas adoptadas nas obras dos Campos de Futbol do Celta para garantir a seguridade dos pozos das traídas

GañaMós denuncia as medidas adoptadas nas obras dos Campos de Futbol do Celta para garantir a seguridade dos pozos das traídas que se atopan ladeira abaixo no Monte de Tameiga preto da autoestrada AP-9.

Comunicado

Antes de nada deixar claro que nos alegrámonos de que se adoptasen estas medidas para impedir o aluvión de lodos da obra contaminasen os pozos das traidas que estan ladeira abaixo hacia a autoestrada AP-9.  Fixeron unhas novas montoneiras como parapeto pero esta vez as revestiron con plásticos e as puxeron nas zonas onde nos denunciamos que se formaron os aluvións de lodos. Agardamos que resistan as intensas chuvias e os pozos non volvan a ser asoballados polos lodos procedentes das obras.

Esta claro que se adoptan estas medidas preventivas porque todo o que estivemos denunciando era verdade. Temos que seguir insistindo porque estas medidas son insuficientes, xa que poderán contener os lodos pero non os produtos nocivos que arrastre a auga e nunha obra destas caracteristicas utilizanse moitos produtos tóxicos.

Un goberno responsable que de verdade está coas veciñas e veciños inspeccionaría as obras  como fixemos nós e falaria coas directivas das traídas damnificadas pero en vez diso Arévalo está facendo reunións pola parroquias nas que insultan e atacan as directivas das traídas de auga.

Nós seguiremos insistindo para que se tomen medidas suplementarias que que garantan que os produtos tóxicos que utilicen nas obras (cemento, aditivos acelerantes, resinas,…) non cheguen nunca a contaminar e se non se toman esixiremos que se paralicen cautelarmente as obras.

Comentar noticia

Your email address will not be published.