Estatísticas Aeroporto de Vigo – Decembro 2018

Publicado por o día 28/01/2019 na sección de Galicia,Vigo

Estatísticas Aeroporto de Vigo – Decembro 2018

O Aeroporto de Vigo rexistrou un total de 81.678 pasaxeiros en decembro, cun crecemento do 13.8%. O aeroporto logrou atraer durante o último mes do ano 2018 a 9.876 pasaxeiros máis que no mesmo período dun ano antes.
 
Nos resultados destaca especialmente o crecemento de Air Europa, con case 6.200 pasaxeiros máis que en decembro de 2017 grazas á introdución de avións de maior capacidade ata en 94 voos, e o de Ryanair, grazas ao reforzo con dobre voo a Barcelona durante moitos dos días da segunda quincena. Moi bos resultados para Binter nas súas conexións con Gran Canaria e Tenerife Norte no que foi o seu primeiro mes de decembro operando en Peinador, e datos tamén moi satisfactorios para Air Nostrum e Vueling. Iberia é a única aerolínea que perde pasaxeiros, tras reducir 17 operacións respecto ao mesmo mes dun ano antes.
 
Durante decembro operáronse 817 voos (-5,9%) e transportáronse 103.186 kg de mercadorías (-5,3%).
 

Datos anuais

 
En canto aos resultados anuais, Peinador logrou transportar 1.129.689 pasaxeiros (+6%) en 12.526 voos (+0,4%), así como 1.060.645 kg de mercadorías (+37,5%).