Este domingo activistas de Amigos da Terra desenvolverán novas accións de rexeneración de montes queimados en Melón

Máis de 40 activistas inscribíronse para participar nas actuacións que este domingo, 3 de decembro, se desenvolveremos nos montes de Tourón (Melón) . Amigos da Terra con estas accións, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, busca promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindibles para reverter o problema incendiario.
Publicado por o día 02/12/2017 na sección de Amigos da Terra,Galicia,Ourense,Política

Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta ten previsto continuar coas accións de rexeneración de zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que xa iniciaron o pasado domingo con dúas ducias de activistas. O continxente voluntario estará formado por un total aproximado de 30 participantes, procedentes das 4 provincias galegas aínda que a maioría son de Ourense, que se anotaron a través da web de Amigos da Terra e aos que hai que sumar unha decena de veciñas e veciños das aldeas da zona, convocados por Vergasta.

Os traballos deste domingo pretenden estender as actuacións iniciadas o pasado domingo en 7 hectareas ata as 12 dunha das fincas do comunal que está situada nunha das zonas máis afectadas polos lumes do pasado mes. Estas actuacións de recuperación están destinadas á retención do solo fronte a erosión que poidan sufrir debido as chuvias dos vindeiros meses e consistiran na dispersión de palla nas zonas que quedaron sen cobertura vexetal  xunto coa construción de barreiras a partir de restos vexetais en franxas perpendiculares á pendente nas zonas máis próximas a ríos e regatos, de xeito  se poida atenuar a contaminación por cinzas arrastradas pola auga de chuvia ata os cursos de auga.

Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, búscase a sensibilización e mobilización social que impulse os cambios nas políticas forestais necesarios para evitar que no futuro o risco e o alcance dos incendios forestais segan sendo un problema perpetuo no noso país.

Os traballos extenderanse entre as 10.00 e as 16:00 h aproximadamente.