Este é o balance da visita de Cecilia na cidade olivica

Publicado por o día 15/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Este é o balance da visita de Cecilia na cidade olivica

No día de onte esta cidade recibiu a visita de Cecilia. En forma de fenómeno atmosférico, deixou vento e choivas intermitentes que puxeron a proba a capacidade de reacción, actuación e resolución dos membros da Policía Local de Vigo, do servizo de Bombeiros e Protección Civil.

Desde primeiras horas da mañá, viñeron producindo incidencias elevando a preto de 170 o total de actuacións realizadas.

Os contedores desprazados polo vento, preto de 43 nas rúas, Castelao, Castrelos, Teixugueiras, Fragoso, Beiramar, Numancia, Fragoso, Manuel Álvarez, Genaro de la Fuente, Faisan ou Camiño de quiros entre outras rúas, foron as que acumularon un maior número de avisos e actuacións.

Calquera elemento susceptible de ser desprazado por efecto do vento sufriu a acción de Cecilia, a parte dos contedores, atendéronse incidencias por:

Caídas de árbores: en Camiño Souto, afectando ao tendido eléctrico, Camelias, Montero Rios, García Barbón, Penis, Fragoselo, Matamá, Parachán, Av. Do Aeroporto. Que nas rúas Raposa ou Cabral causaron danos a turismos estacionados.

Provocando o corte do acceso ao aparcadoiro de Praza do Rey, para retirada das ramas que bloquearon o tránsito de vehículos.

Caída ou desprendementos: de muros, nas rúas Julian Estevez, Santa Tegra, Fernando Lago Olano

Desprazamento de valos: en zonas de obras como Camposancos, Salvatierra, Beiramar, Santa Marina, Camiño Muiños, San Roque.

Lonas de reformas de fachadas ou obras: Villagarcía, Sanjurjo Badía, Colon, Camelias, tratándose de elementos despregados e golpeando ao romper da súa ancoraxe por efecto do vento.

Caída de tellas : Pi e Margall, Marques de Valterra, Camiño Esturans ou rúa Brasil, onde provocou o corte da rúa para proceder á retirada como consecuencia do risco que supoñía nunha zona tan transitada.

Antenas de televisión dobradas e diversos elementos das propias obras que se están realizando nesta cidade, foron afectadas pola visita de Cecilia. Por sorte, todas elas resoltas sen quedar rexistrado caso de dano persoal algún.