Este luns preto de 1.700 usuarios afectados polas folgas no ferrocarril

CONTINUAN AS FOLGAS NO FERROCARRIL NA PROCURA DE UNHA MAREA FERROVIARIA QUE SUME CO RESTO DE MAREAS

  Hoxe 11 de novembro continúan os paros parciais no Sector Ferroviario, convocados por CGT e SF-Intersindical contra a segregación de RENFE en catro Sociedades Anónimas, a división de ADIF en dúas empresas, e polo mantemento dos cadros de persoal no ferrocarril.

    Atendendo as estadisticas internas que elaboraron os propios traballadores, este luns vanse ver afectados 1636 usuari@s do tren en Galicia, dos cales 1255 pertencen ao Eixo Atlántico, o corredoiro mais afectados polos paros.

   Vanse suprimir 11 trens dos programados habitualmente neste treito, a máis non circulará a conexión de Galicia con Euskadi, nin a conexión nocturna de Galicia con Catalunya. Outros trens afectados son 2 servizos no corredoiro Coruña-Monforte e outros dous no corredoiro O Carballiño-Ourense.

   A REGULARIDADE E A PUNTUALIDADE ESTANSE A VER AFECTADAS: Os paros non só están a afectar a supresión de servizos. O pasado venres día 8 foron varios os trens que chegaron con demora o seu destino, algúns ata 19 minutos mais tarde do horario previsto.

  Lembramos que os trens sen paradas intermedias, tarifa 4, teñen un compromiso de puntualidade de 15 minutos, superados os cales os viaxeir@s teñen dereito a devolución de parte do importe do billete. Para elo os viaxeir@s afectados deben dirixirse os puntos de venda das estacións de ADIF e presentar no prazo dun mes o título de transporte correspondente.

  O SF-Intersindical e a CGT siguen adiante cas movilizacions que teñen impulsadas, ratificando os motivos que levaron a convocalas e manteñen os paros parciais  programados todos os luns e venres de novembro de 7:00 a 9:00, de 15:00 a 17:00 e de  23:00 a 01:00 e as dúas folgas de 24 hs. o día 5 e o 20 de decembro.

  Por su parte, dende os sindicato convocantes seguen agardando que o resto de organizacións sindicais reflexionen e se acheguen para conformar unha marea ferroviaria que se incorpore ao resto de mareas que xa estan organizadas porque aos recortes nos servizos publicos, sanidade, educación, dependencia, cultura, etc…, se suma agora a liquidación e o expolio de RENFE Operadora e ADIF,  entidades públicas empresariais, que prestan o servizo público ferroviario.

O PP quére impoñer un modelo de ferrocarril nefasto para a sociedade, porque  abandona o carácter social e vertebrador que debe ter o ferrocarril para convertelo nun negocio regalado a uns poucos e, para @s ferroviari@s, porque vai supoñer graves consecuencias xa que están en xogo os nosos postos de traballo, e as nosas condicións laborais, sociais e retributivas. Lembrar que RENFE e ADIF xa teñen un dos cadros de persoal por Km. de vía mais minguados da Unión Europea, e manteñen un dos índices de productividade mais altos.

O PROCESO AVANZA, O RODILLO ESTÁ EN MARCHA. O vindeiro Mercores 13, o Presidente de RENFE comparecerá na Comisión de Fomento do Parlamento español onde explicará o proxecto de división de RENFE en 4 Sociedades Anónimas. Só co binomio presión/negociación se poderá parar ese rodillo e todas as imposicións deste goberno.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

folga adiffolga renfefolgas ferrocarril

SIGUENOS EN TELEGRAM