Este mércores continúan as xuntanzas do BNG coa veciñanza do Porriño

Publicado por o día 21/05/2018 na sección de BNG,Galicia,O Porriño,Política

Este mércores continúan as xuntanzas do BNG coa veciñanza do Porriño

O mércores día 23 o BNG continúa a súa rolda de xuntanzas coa veciñanza. Nesta ocasión estará no Centro Cívico do Porriño, ás 20:30h, para recoller demandas e propostas da veciñanza e ofrecer información sobre as iniciativas levadas a cabo no ámbito municipal polo BNG.

Tratarase o tema dos orzamentos municipais e das emendas presentadas polo BNG que atinxen directamente aos barrios do centro da vila, como é a posibilidade de urbanización do barrio de San Benito e a compra de terreos para mellorar o paseo do Louro. Abordaranse tamén outros temas de interese, como o problema do paso a nivel e a ausencia de respostas por parte do ADIF ante este problema histórico que sofre a vila do Porriño.

Dende o BNG, una semana máis, convidamos a toda a veciñanza e colectivos sociais a se achegar e participar nesta xuntanza.