Este sábado, 23 de marzo terá lugar un TALLER DE COCIÑA organizado polo Concello do Grove

Este sábado, 23 de marzo terá lugar un TALLER DE COCIÑA organizado polo Concello do Grove coa colaboración do Obradoiro de Hostalaría A Lanzada.
Por o 22/03/2019 | Sección: Galicia,O Grove
Este sábado, 23 de marzo terá lugar un TALLER DE COCIÑA organizado polo Concello do Grove

Este sábado, 23 de marzo terá lugar un TALLER DE COCIÑA organizado polo Concello do Grove coa colaboración do Obradoiro de Hostalaría A Lanzada.

O taller será totalmente de balde para os 15 participantes, mocidade de 18 a 30 anos, e durará dúas horas , de 11.00-13.00 h. A formación será nas instalacións do obradoiro de hostalaría situadas no Centro de Vacacións A Lanzada.

Lembramos que durante as vacacións escolares de Semana Santa, concretamente os días 15 e 16 de abril, o obradoiro tamén ofrece uns talleres de cociña, neste caso para mozos e mozas de 11 a 17 anos.

As persoas participantes na actividade deste sábado poderán aprenderán diferentes recetas: sushi, enchiladas, picos de galo, mojitos, tacos e cócteles comestibles.

Comentar noticia

Your email address will not be published.