Este sábado a partir das 14.00h non se poderá estacionar nas rúas polas que pase a Cabalgata de Reis en Tui

A partir das 17.00h se cortará o tráfico
Publicado por o día 03/01/2019 na sección de Galicia,Tui

Este sábado a partir das 14.00h non se poderá estacionar nas rúas polas que pase a Cabalgata de Reis en Tui

Dende a Concellería de Seguridade avisan que por motivo da celebración da Cabalgata Internacional de Reis, que terá lugar este sábado día 5 de xaneiro, non se poderá estacionar nin circular nas rúas que percorre.

A partir das 14.00h non se poderá estacionar na Avenida de Portugal, rúa Martínez Padín, Augusto Besada, Calvo Sotelo e Corredoira. Tampouco se poderá circular polas mesmas a partir das 17.00h.

Prevese que o peche do tráfico será de unha hora e media ou dúas horas.